lunes, 28 de noviembre de 2022
viernes, 25 de noviembre de 2022
AS NENAS E NENOS NON ENTENDEN A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un vídeo no que os nenos rexeitan a violencia de xénero e defenden que a relación entre sexos debe ser de plena igualdade.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. É obvio dicir que é moi importante traballar na clase, dende a reflexión e a concienciación, este problema que saíu á luz nestes últimos anos, pero que por desgraza, sempre estivo presente nesta sociedade da que presumimos avanzada aínda que, en realidade, é moi machista.
Hoxe na clase de 6ºA realizamos un obradoiro sobre este tema, sempre na busca da interiorización do problema e tratando de atopar solucións dende o diálogo, a comprensión e o respecto aos demais.
Simplemente con conseguir a participación de todos o alumnado e a súa implicación xa nos damos por satisfeitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)